AquaOurense celebra o seu Consello de Administración
AquaOurense realiza un seguimento do PERTE e anuncia o lanzamento da APP Potables na reunión do Consello de Administración
No seu compromiso continuo coa transparencia e a eficiencia na xestión do ciclo da auga, AquaOurense, empresa mixta formada por Viaqua e a Deputación de Ourense, celebrou recentemente o seu Consello de Administración. Este encontro periódico está destinado a avaliar e planificar as diversas actividades e proxectos da empresa, destacando o esforzo de AquaOurense por manter unha comunicación aberta e detallada sobre as súas iniciativas e servizos.
Durante o Consello, revisáronse varios puntos crave que reflicten o avance e o compromiso de AquaOurense cos municipios da provincia. Entre os asuntos destacados da xornada, realizouse un seguimento detallado do proxecto do PERTE para dixitalizar a xestión do ciclo da auga ‘OU-Intelixente: Provincia dá Auga’, incluíndo reunións co Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Un proxecto que representa un paso significativo cara unha xestión máis intelixente e sostible da auga na provincia.
Outro dos temas destacados foi a presentación da nova APP Potables, unha innovadora plataforma que permitirá ao persoal de mantemento dos concellos tomar datos in situ, en cumprimento co RD 03/2023 e que se suban en tempo e forma á plataforma SINAC.
A celebración deste Consello de Administración demostra o compromiso de AquaOurense coa transparencia e a mellora continua, así como a súa aposta pola innovación para ofrecer solucións eficientes para a xestión da auga nos municipios da provincia de Ourense.