AquaOurense constitúe unha nova Xunta Xeral e Consello de Administración no marco de renovación dos seus órganos de xestión
-
A empesa mixta, conformada pola Deputación de Ourense e Viaqua, completou este proceso, previsto cada catro anos
-
O vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, asume a presidencia dos dous órganos
O acto de constitución da Xunta Xeral e do Consello de Administración de AquaOurense tivo lugar na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense. Esta constitución enmárcase dentro do marco de renovación dos seus órganos de xestión, prevista cada catro anos. A reunión foi presidida polo presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e estivo presente o vicepresidente terceiro e deputado de Administración Provincial, Plácido Álvarez, quen asumiu a presidencia de ambos órganos.
Deste xeito quedan renovados os órganos de xestión da empresa mixta AquaOurense, participada pola Deputación de Ourense e Viaqua. Un exemplo de colaboración público-privada que vén de colleitar grandes éxitos como a elección do proxecto ‘Ou-Intelixente’ como o segundo mellor valorado a nivel nacional no PERTE da dixitalización da auga. Un fito que suporá contar con 7,75 millóns de euros para aplicar as últimas tecnoloxías ao tratamento e control dun ben tan escaso e valioso como é a auga. Outro dos proxectos nos que participa a empresa mixta é Ruagua, seleccionado no Proxecto DEMOS, iniciativa da Fundación COTEC e Ikea, para desenvolver tres demostradores de economía circular na contorna de A Rúa co obxectivo de garantir a dispoñibilidade da auga durante épocas de seca e reducir o estrés hídrico na comarca.