AquaOurense obtén un recoñecemento da Zona Franca de Vigo, a través do indicador ARDÁN, como empresa xeneradora de riqueza en 2023
O Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través do seu servizo de estudios ARDÁN, elabora cada ano unha análise sobre a economía galega para ofrecer ferramentas na toma de decisións no ámbito empresarial e institucional. Así, na edición deste ano, e tras avaliar a 37.000 compañías galegas (das que só un 4% alcanza os esixentes criterios analizados), a Sociedade Provincial de Augas e Medio Ambiente S.A. (AquaOurense), acaba de obter o indicador ARDÁN de "Xeneradora de riqueza no ano 2023".
A empresa mixta formada por Viaqua e a Deputación de Ourense, foi designada con este recoñecemento logo de investigar o desempeño do tecido empresarial galego en factores para a mellora da competitividade e a sostibilidade a longo prazo. Estes estudos permitiron visibilizar o bo facer de AquaOurense e obter uns excelentes resultados nos distintos ámbitos do estudo.
O presidente provincial, Luis Menor, valora moi positivamente este recoñecemento á empresa mixta conformada pola Deputación e Viaqua, que vén a ratificar "un caso de éxito da colaboración público-privada".