AquaOurense recibe el ‘Distintivo Cero Accidentes’ que entrega Fraternidad-Muprespa
A Mutua recoñece o traballo da entidade polo seu compromiso coa nula sinistralidade durante os últimos dez anos
A Mutua Fraternidad-Muprespa entregou o ‘Distintivo Cero Accidentes’ a varias empresas galegas polo seu compromiso coa nula sinistralidade do seu persoal durante os últimos dez anos. Un recoñecemento que ten por obxecto recoñecer e fomentar as boas prácticas preventivas na contorna laboral.
AquaOurense, a empresa mixta participada por Viaqua e a Deputación de Ourense, foi galardoada con este distintivo ao non declarar ningún accidente durante a última década. O premio foi recollido por Víctor Comesaña, director Técnico de AquaOurense, e Rosendo Luis Fernández Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense.
“O compromiso de promover a seguridade e a saúde do persoal é un valor fundamental e un aspecto esencial para o desenvolvemento dun servizo sostible. Para impulsar este compromiso, desde 2013 en AquaOurense dispoñemos dunha política de seguridade e saúde con tres liñas estratéxicas: redución gradual e progresiva dos índices de sinistralidade, minimización do risco en todas as actividades que se leven a cabo e a integración da función de prevención en todos os procesos.” declara Víctor Comesaña.
Ao longo destes anos, AquaOurense implentou estas liñas estratéxicas mediante o Sistema de Xestión de Seguridade e Saúdea Laboral, a través do cal desenvolve diversas accións encamiñadas á mellora dos índices de seguridade e saúde laboral. Nos últimos 10 anos non se produciu ningún accidente grazas á implicación e o compromiso das persoas, en todas as súas funcións e responsabilidades, coa súa seguridade e a dos demais.
Coidar da seguridade e saúde do cadro de persoal é dende sempre unha das prioridades de AquaOurense, que mellora continuamente os seus plans de acción e ferramentas para acadar o compromiso cero accidentes laborais, contribuíndo ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 8 “Traballo decente e crecemento económico” de Nacións Unidas.