OU-Intelixente, inicia nos concellos de Valdeorras a implantación da telelectura cun investimento de 3,3 millóns de euros

Os municipios de A Rúa, A Veiga, O Barco, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín serán os primeiros dos 81 concellos da provincia en beneficiarse da instalación de contadores intelixentes e a dixitalización dos sistemas de abastecemento e depuración.

Representantes de AquaOurense y Diputación  de Ourense

Representantes da Deputación de Ourense e AquaOurense, reuníronse cos alcaldes da comarca de Valdeorras na Casa Grande de Viloira, nun acto onde participaron o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, o director da Área de Medio Ambiente da Deputación, Javier Bobe, así como Víctor Comesaña, xerente de AquaOurense, e Nicolás Esmorís, director de Viaqua.

Ante os representantes municipais e membros do Consorcio de Augas de Valdeorras (A Rúa, A Veiga, O Barco, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras), expuxéronse datos específicos sobre os traballos a realizar, que nesta caso alcanzarán preto de 3,3 millóns de euros. O proxecto inclúe subministración e instalación de 16.130 contadores domiciliarios con telelectura, que permitirán unha planificación e control máis exactos e, como consecuencia, un mellor servizo. 

Outro apartado deste proxecto é a dixitalización das instalacións de depuración, mediante equipos que permitan controlar en todo momento a cantidade e calidade dos vertidos. Este mesmo proceso realizarase para dixitalizar as instalacións e funcionamento do abastecemento de auga potable, así como redes de distribución do Consorcio de Valdeorras. 

Os técnicos explicaron polo miúdo as características das actuacións que se levarán a cabo para dixitalizar o ciclo da auga nos municipios da provincia, con especial detalle nos nove concellos da comarca de Valdeorras. Citaron como obxectivos estratéxicos os seguintes: a automatización do ciclo da auga coa implantación da telelectura e telecontrol; a creación dun centro dixital para a xestión integral da operativa da auga; dotar aos concellos do rural de ferramentas dixitais; e a implantación dun hub tecnolóxico onde integrar datos e realizar predicións grazas ao Big Data e Intelixencia Artificial, converténdoo nun lugar aberto á cidadanía e un espazo de co-creación co ecosistema emprendedor da provincia. 

Na explicación do proxecto “Ou-Intelixente” quedou de manifesto que se trata dun exemplo de colaboración cos concellos, pois as infraestruturas que se van beneficiar do proxecto son de titularidade municipal, unha característica que diferenciou a proposta ourensá do resto de candidaturas. 

Sobre o proxecto

“OU-intelixente” converteuse na segunda mellor proposta de España e a primeira de Galicia para dixitalizar a xestión do ciclo da auga, o que suporá contar con 7,75 millóns de euros para aplicar as últimas tecnoloxías ao tratamento e control dun recurso básico e estratéxico como é a auga. 

A Deputación destina a este proxecto 5,73 millóns de euros, asumindo así o 42,52% do financiamento total, mentres que do resto do investimento farase cargo o Ministerio para a Transición Ecolóxica do Reto Demográfico (MITECO), dentro da primeira convocatoria específica dos Fondos Next Generation asociada ao PERTE de dixitalización da auga.