Ruagua, proxecto participado por Cetaqua e AquaOurense, seleccionado pola Fundacion COTEC para formar parte dos Proxectos DEMOS
-
Cun orzamento de 300.000 euros, Ruagua busca xerar un impacto positivo na comarca da Rúa (Ourense), a través da economía circular mediante a valorización dos eixos auga-enerxía-residuos
-
O consorcio, de carácter público-privado, está formado polo Consorcio de Augas de Valdeorras, AquaOurense e Cetaqua
O proxecto DEAMOS desenvolverá tres demostradores de economía circular en tres pobos diferentes de España con menos de 5.000 habitantes, entre eles A Rúa, para medir o impacto social, económico e ambiental da economía circular en comunidades rurais, ademais de achegar valor e xerar evidencias da súa utilidade na toma de decisións por parte dos axentes responsables do despregamento de políticas de innovación, de desenvolvemento rural e de economía circular. As propostas seleccionadas nesta convocatoria de 2023 localízanse en Ourense, Burgos e Málaga.
O proxecto Ruagua, impulsado polo Consorcio de Augas de Valdeorras, AquaOurense e Cetaqua, foi seleccionado como unha das tres propostas gañadoras que formarán parte do Proxecto DEMOS, unha iniciativa da Fundación Cotec en colaboración con IKEA que busca medir o impacto social, económico e ambiental da economía circular en comunidades rurais.
O propósito de Ruagua é xerar un impacto positivo a través da economía circular no municipio da Rúa (Ourense), mediante a valorización dos eixos auga-enerxía-residuos, establecendo un modelo de simbiose rural-industrial replicable.
Respecto ao eixo auga, achegará o uso da auga rexenerada a todos os sectores produtivos e aos servizos públicos dunha forma integral, dixital e áxil, promovendo a sustentabilidade a través dun modelo de gobernanza cooperativo para garantir a dispoñibilidade de auga durante épocas de seca e reducir así o estrés hídrico nesta contorna rural. Este recurso hídrico alternativo utilizarase no propio municipio para preservar as actividades económicas predominantes, entre as que destaca a produción vitivinícola. Ao mesmo tempo, permitirá favorecer a saúde ambiental da contorna a través da rega de zonas verdes, parques e xardíns, a protección do caudal ecolóxico das masas de auga, así como o coidado da biodiversidade e a protección dos núcleos habitados, a través de infraestruturas que faciliten a prevención e extinción de incendios, axudando a reducir o estrés hídrico que sofre o municipio.
Doutra banda, respecto a os eixos residuos-enerxía, fomentará o residuo cero e diminuirá o uso de fertilizantes e químicos, ofrecendo un compost de alta calidade, e impulsará a produción de enerxía solar como fonte renovable, reducindo así as emisións de gases de efecto invernadoiro.
Cun orzamento de 300.000 euros concedidos por COTEC e IKEA, Ruagua conta coa participación de todos os actores locais interesados na reutilización e cogobernanza da auga. O proxecto é unha mostra da alianza público-privada entre a administración; co apoio do Concello da Rúa e a Deputación de Ourense; sector vitivinícola, coa participación de D.O. Valdeorras; o sector turístico, ca ruta do Viño de Valdeorras; e a empresa privada, da man de Aquaourense; o centro tecnolóxico da auga, Cetaqua; os servizos públicos, como o Consorcio Provincial contra incendios e salvamento de Ourense; e os habitantes da Rúa.
Proxecto DEMOS, unha iniciativa para medir o impacto social, económico e ambiental da economía circular en comunidades rurais
O proxecto DEAMOS desenvolverá tres demostradores de economía circular en tres pobos diferentes de España con menos de 5.000 habitantes, entre eles A Rúa, para medir o impacto social, económico e ambiental da economía circular en comunidades rurais, ademais de achegar valor e xerar evidencias da súa utilidade na toma de decisións por parte dos axentes responsables do despregamento de políticas de innovación, de desenvolvemento rural e de economía circular. As propostas seleccionadas nesta convocatoria de 2023 localízanse en Ourense, Burgos e Málaga.