- Imprimir |
Centro tecnolóxico da auga
Cetaqua é o resultado dun modelo único e pioneiro de colaboración público-privada para a investigación e a innovación.
A alianza co sector público e privado en Cetaqua Galicia comezou en 2011 da man de Viaqua, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), co obxectivo de asegurar a sustentabilidade e a eficiencia do ciclo da auga, tendo en conta as necesidades locais.
O éxito deste modelo é tal que se aplicou noutros centros Cetaqua en Barcelona, Andalucía e Chile. Entidades independentes que comparten estratexia e estrutura, e traballan colaborativamente unhas coas outras.
Cetaqua Galicia está acreditado como un dos Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica (CAIT), o primeiro dedicado en exclusiva á auga e o medio ambiente, polo Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España. Ademais, conta coa certificación UNE 16602 (sistemas de xestión da I+D+i), que permite asegurar que os procesos e a calidade da execución se realizan con rigor.