- Imprimir |
Benvidos ao portal web de AquaOurense
AquaOurense é unha empresa mixta constituída no ano 2008, entre Viaqua SAU e a Deputación Provincial de Ourense, que desenvolve a súa actividade desde 2009, co obxectivo de dar apoio nos procesos relacionados co ciclo integral da auga a todos os concellos da provincia que o soliciten a través da entidade provincial.
O noso modelo persegue a excelencia no apoio prestado as entidades locais en toda a cadea, desde o comezo coa legalización de captacións da auga, control dos sistemas de potabilización, estudos de rendementos de redes, análises de augas de consumo, control dos consumos domiciliarios, control de vertidos, ata o final, coa verificación dos sistemas de depuración así como legalización dos puntos de vertido.
Neste longo proceso, para a súa consecución, baseámonos nos máis altos estándares de calidade, no coñecemento que nos aporta a nosa experiencia e un firme compromiso co respecto polo medio ambiente. Ademais fomentamos a investigación permanente, na procura das últimas innovacións tecnolóxicas có fin de garantir o uso sostible dos recursos.
Por outro lado, os valores éticos foron sempre unha parte central da estratexia de crecemento da empresa, que perseguen a transparencia na xestión e na atención cidadá, a sustentabilidade e a responsabilidade social. Por esta razón é importante para nós promover a educación e a sensibilización para un uso responsable da auga, aportando o noso valor para contribuir ao respecto polo entorno e a ecoloxía.
-
Visión: Que empresa queremos ser
- Constituír un referente para a sociedade ourensá na xestión do ciclo da auga.
- Ofrecer servizos adaptados ás necesidades das entidades locais, perseguindo sempre a eficiencia e a mellora continua en procesos e equipos.
- Crear unha organización estruturada e motivada, orientada ao cliente.
-
Misión: Que facemos para logralo
- Dar apoio as entidades locais para que xestionen o ciclo da auga garantindo o seu acceso á sociedade cumprindo coas máximas normas e estándares, respectando ao medio ambiente e aumentando a calidade de vida das persoas.
- Potenciar e afianzar a imaxe de AquaOurense dentro dos criterios de continuidade no servizo, seguridade, sustentabilidade e Responsabilidade Social Corporativa.
- Proporcionar aos clientes produtos e servizos innovadores, de valor engadido, centrados na eficacia e no compromiso social e ambiental.
-
Valores: Principios que nos guían
- Calidade e excelencia na prestación dos nosos servizos e productos, así como na profesionalidade dos nosos traballadores.
- Proximidade e transparencia promovendo o diálogo aberto e a participación social.
- Prevención de riscos laboráis.
- Tecnoloxía e innovación continua I+D+i.
- Implicación activa na procura da sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente.
- Responsabilidade social a través de acción para mellorar a calidade da vida das persoas.
Queremos que esta web supoña para os nosos clientes unha xanela informativa para que se coñezan todos estes aspectos, no que a transparencia, asistencia e resolución de trámites sexa unha realidade diaria e non un obxectivo de futuro.