- Imprimir |
Un Pacto Social para unha reconstrución verde e inclusiva
O Pacto Social que promovemos ten como obxectivo dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da crise sanitaria e da crise climática, apostando pola solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrucción verde na provincia de Ourense. O tecido empresarial e social de Ourense xogan un papel fundamental neste pacto, a través da cooperación e o diálogo que se leva a cabo nas mesas de traballo que se celebran periodicamente.
Que é o Pacto Social?
Un proxecto único e pioneiro que nos permitirá progresar e cumprir cos logros propostos e acadar o estado de benestar grazas á colaboración de todos os axentes implicados. Un exemplo de colaboración público-privada que, mediante o diálogo e as achegas dos diferentes expertos que participan nas mesas de traballo, será unha referencia para administracións e empresas.