- Imprimir |
PERTE AquaOurense - OU-Intelixente - AQUAOURENSE
PERTE AquaOurense - OU-Intelixente
O proxecto "OU-Intelixente" foi seleccionada como a segunda mellor proposta de España e a primeira de Galicia para dixitalizar a xestión do ciclo da auga.
OU-Intelixente pretende dixitalizar a xestión do ciclo da auga dos 81 concellos ourensáns de menos de 20.000 habitantes, ademais dos consorcios de augas de Valdeorras e Os Peares.
As actuacións prioritarias que contempla este proxecto e nas que xa se está traballando son:
-
Implantación de contadores intelixentes en 120 puntos de entrega de auga dos sistemas de abastecemento dos concellos ourensáns.
-
Proxecto de investigación no encoro das Conchas con imaxes satélite para controlar a evolución do mesmo ao longo do ano.
-
Dixitalización de 139 instalacións de depuración para o control en tempo real, tanto da cantidade, como da calidade da vertedura ao medio.
-
Dixitalización de 18 instalacións de abastecemento para o control en tempo real do funcionamento das plantas de tratamento de auga potable, así como das redes de distribución no Consorcio de Augas de Valdeorras.
-
Creación do “Centro Intelixente para a Xestión Provincial da auga – Aqua-Ou” no que se centralizará a xestión operativa de toda a información obtida en tempo real. Este centro pretende ser ademais un espazo aberto á cidadanía no que transparentar e poñer en valor a importancia dunha axeitada xestión da auga no territorio.
Este ambicioso proxecto terá un orzamento de máis de 13 millóns de euros, 7,75 millóns de euros por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Reto Demográfico (MITECO) e unha cofinanciación de 5,7 millóns por parte da Deputación Provincial de Ourense, necesaria para facilitar o acceso dos Concellos a estas tecnoloxías, aos novos perfís profesionais requiridos, e aos novos servizos avanzados.